jueves, 20 de octubre de 2016

En novembro iremos ao Auditorio a escoitar un concerto, e mañá teremos un pequeno taller musical no cole. "Pitusa Semifusa" introdúcenos no mundo musical.


Ven coñecer con Pitusa Semifusa os instrumentos da gran familia da música. E a cantar e bailar con ela. Coa rapaza máis cantareira que nunca houbo no mundo.

Pitusa Semifusa é un mollo de cancións de Olga Brañas protagonizadas por unha nena dese mesmo nome, neta dunha famosa directora de orquestra e que, logo de herdar dela un gramófono, sinte curiosidade por coñecer todas as familias de instrumentos. Ao longo das distintas cancións, nas que participan as voces e os músicos máis importantes de Galicia, Pitusa Semifusa irá avanzando polos pentagramas de todos os instrumentos, de tal xeito que a medida que van avanzando os temas, se van incorporando máis e máis ata rematar nunha completa Festa Musical.

miércoles, 5 de octubre de 2016

A cousa que máis doe do mundo

De novo OQO Editora deleitanos cun relato fantástico e divertido, que mantivo aos cativos espectantes na hora de lectura.
A lebre e a hiena conversan, nunha xeira de pesca, sobre asuntos cotiáns.«A mentira é a cousa que máis doe do mundo», di a lebre; e a hiena bota a rir. Para demostrarllo, a lebre elaborará, na porta de palacio, un«pastel»moi especial que vai provocar a cólera do rei; logo, coa complicidade das moscas, expertas en ca...case todo tipo de cheiros, buscarán entre os animais, o culpable de semellante obra.

Adicado a todos e todas, pequenos artistas de Primeiro de primaria!




Cuaderno de lectura de clase





Xogamos coas letras

Maiúsculas e minúsculas


Pizarra dixital

Xa temos funcionando a pizarra dixital nas aulas de 1º. Nelas poderemos facer moitas actividades e serviranos este primeiro trimestre para traballar as grafias do abecedario e dos números. Mañá comezamos!!!

Recomendación


Primeira reunión escolar

Estimadas familias do alumnado de 1º curso:
Poñémonos en contacto con vostedes para convocalos á primeira reunión xeral coas familias do alumnado de 1º que terá lugar o próximo martes, día 20, ás 18:00 horas.
Esperando a súa asistencia, reciban un afectuoso saúdo.

AS TITORAS


Mariluz Avestruz

Nestes primeiros días de cole, lemos o conto de Mariluz Avestruz, da editorial OQO, na que coñecemos á presumida Mariluz e a forma tan curiosa que ten de durmir.
Fai  clic e poderás escoitar a historia musicada

Ola a todas e todos