viernes, 20 de enero de 2017

Visita á "Casa dos peixes" en A Coruña

Nesta avaliación estudiaremos a vida dos animais, como  son, como se alimentan, como se reproducen e outras máis curiosidades destes seres vivos. Tamén faremos unha saída escolar ao Acuario ou casa dos peixes en A Coruña. Será o venres día 3 de febreiro.
Alí poderemos ver entre outras a sala Nautilus que con un decorado que  recrea o submarino do capitán Nemo, cunha músic composta para esta sala, con miles de peixes de 50 especies diferentes que nadan ao noso arredor. Tiburóns toro águias mariñas, meros ou rodaballos viven neste tanque de máis de catro millóns de litros de auga.

Pedro e o lobo

O proxecto de biblioteca escolar deste curso son  as "Fábulas, mitos e lendas" e con este motivo estamos traballando na aula a fábula de "Pedro e o lobo".
Neste enlace pódese ver o  vídeo que nos sirveu de introducción para o tema.

miércoles, 11 de enero de 2017

Chegado o tempo do Nadal hai que preparar a carta aos Reis Magos. É unha proposta do concello na que participamos.




martes, 10 de enero de 2017

A mochila viaxeira

Daniela foi a primeira da clase en levar a mochila para a casa e pouco a pouco, semana a semana ímola levando todos . Tamén facemos comentarios e debuxos divertidos na libreta.