miércoles, 30 de noviembre de 2016

Este mes de novembro empezou a súa viaxe a "mochila viaxeira" da biblioteca do cole. Estará na túa casa durante unha semana para o teu disfrute e o da túa familia, despois pasará a outro neno-nena e así por todos-as os da aula. No caderno que vai dentro podedes facer un debuxo ou un comentario do libro que máis vos gustou.

viernes, 4 de noviembre de 2016

Traballando na aula. " O corpo humano"






"IV Maratón de tradición oral" na Biblioteca Pública Anxel Casal

Esta é unha semana moi especial. Tivemos un fin de semana moi longo, e ao chegar ao cole o mércores ... sorpresa!!! fixemos a saída á  Biblioteca Pública Anxel Casal, onde participamos no " IV maratón de tradición oral". Alí recitamos as nosas coplas e escenificamos o conto do de " O crocodrilo  Ernesto". Foi unha actividade moi interesante pois estivemos no escenario, falamos polo micrófono e aprendimos uns de outros. Os organizadores desta celebración regaláronnos un marca páxinas a cada un e un lote de libros para a biblioteca de aula de 1ºA e 1ºB.







Magosto 2016Resultado de imagen de magosto castañas asadas
                                                       
                SAMAÍN





Estimadas familias de alumnado:

         Con vistas a podermos desenvolver o vindeiro venres, día 11 do corrente novembro, o tradicional magosto escolar, precisamos que cada alumno/a traia unha manchea  de castañas crúas xa curtadas, picadas ou fanadas, isto é, coa correspondente incisión feita ao obxecto de que non estoupen no forno, para o vindeiro mércores día 9, sen falta á primeira hora.

Reciban un cordial saúdo do profesorado.
 Feliz cumpleanos Elia!. 
 Hoxe celebramos o cumpleanos de Elia!  Invitounos a un rico biscoito despois de apagar a vela dos 6 anos e cantámoslle o cumpleanos feliz.






Hoxe 3 de novembro acudimos ao Auditorio de Galicia onde poidemos escoitar e participar no concerto musical "Pitusa Semifusa". Había moitos nenos e nenas de 16 colexios de Santiago, e poidemos escoitar e tocar  instrumentos das tres familias (vento, corda e percusión).




Hoxe 3 de novembro acudimos ao Auditorio de Galicia onde poidemos escoitar e participar no concerto musical "Pitusa Semifusa". Había moitos nenos e nenas de 16 colexios de Santiago, e poidemos escoitar e tocar  instrumentos das tres familias (vento, corda e percusión).