Traballando na aula. " O corpo humano"
viernes, 4 de noviembre de 2016
"IV Maratón de tradición oral" na Biblioteca Pública Anxel Casal
Esta é unha semana moi especial. Tivemos un fin de semana moi longo, e ao chegar ao cole o mércores ... sorpresa!!! fixemos a saída á Biblioteca Pública Anxel Casal, onde participamos no " IV maratón de tradición oral". Alí recitamos as nosas coplas e escenificamos o conto do de " O crocodrilo Ernesto". Foi unha actividade moi interesante pois estivemos no escenario, falamos polo micrófono e aprendimos uns de outros. Os organizadores desta celebración regaláronnos un marca páxinas a cada un e un lote de libros para a biblioteca de aula de 1ºA e 1ºB.
Magosto 2016
SAMAÍN
Estimadas familias de alumnado:
Con vistas a podermos desenvolver o vindeiro venres, día 11 do corrente novembro, o tradicional magosto escolar, precisamos que cada alumno/a traia unha manchea de castañas crúas xa curtadas, picadas ou fanadas, isto é, coa correspondente incisión feita ao obxecto de que non estoupen no forno, para o vindeiro mércores día 9, sen falta á primeira hora.
Reciban un cordial saúdo do profesorado.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)