viernes, 4 de noviembre de 2016

"IV Maratón de tradición oral" na Biblioteca Pública Anxel Casal

Esta é unha semana moi especial. Tivemos un fin de semana moi longo, e ao chegar ao cole o mércores ... sorpresa!!! fixemos a saída á  Biblioteca Pública Anxel Casal, onde participamos no " IV maratón de tradición oral". Alí recitamos as nosas coplas e escenificamos o conto do de " O crocodrilo  Ernesto". Foi unha actividade moi interesante pois estivemos no escenario, falamos polo micrófono e aprendimos uns de outros. Os organizadores desta celebración regaláronnos un marca páxinas a cada un e un lote de libros para a biblioteca de aula de 1ºA e 1ºB.







No hay comentarios:

Publicar un comentario